Este artigo adopta un enfoque feminista para analizar os conflitos interpersoais femininos en dúas curtametraxes de ficción pertencentes ao cinema poscrise da ‘nova diáspora galega’. Partindo da teorización de Sara Ahmed sobre ‘a promesa da felicidade’ no ensaio homónimo (2010), que critica a suposta responsabilidade das persoas inmigrantes e as minorías de ser ‘felices’, arguméntase que Illa pedra (2010) e Galicia. Portobello Road (2015) dirixidas por Adriana Páramo Pérez (Vigo, 1985), expoñen o fracaso da economía neoliberal, ao desafiar as normas heteropatriarcais. Ao explorar o retrato cinematográfico da complexidade das relacións interpersoais femininas en contextos de migración de retorno, este artigo examina como estes filmes demostran o impacto negativo das crises económicas nos corpos e nas vidas persoais e profesionais das mulleres.
CATHERINE BARBOUR (Fri,) studied this question.